|
NOTA IMPORTANTE: Este é un sistema de axuda para a elaboración do curriculo. Os datos que incluirás a continuación nos diferentes campos non se gravarán na base de datos do Proxecto ILES do Concello de Pontevedra. Polo tanto, o CV resultante non supón, en ningún caso, ningunha vinculación á base de datos de emprego do Concello de Pontevedra.
CREA O TEU CV
O currículo é o documento fundamental para acadar o traballo desexado, debe de ser o primeiro golpe de efecto para que a empresa te chame para unha entrevista asi que terás que crealo dun xeito atractivo, claro e conciso. suscitar o Interés invitar á Lectura crear Expectación provocar Salto O primeiro debe ser suscitar o Interés, para que o teu CV, entre tantos, sexa o escollido. En segundo lugar, se presente de tal xeito que invite á Lectura, que a persoa lle apeteza ler o contido do mesmo. Crear Expectación é fundamental para provocar o Salto, o salto á segunda fase, á entrevista, que é, en realidade, o que queremos conseguir, para darnos a coñecer e podernos 'vender' na mesma. 4 CONSELLOS ILES: • Linguaxe clara, concisa, concreta. Linguaxe telegráfica. Nunca frases largas e elaboradas.• Non redactar en 1ª nin en 3º persoa. • Revisa as faltas de ortografía antes de imprimir ou gardar • Se hai algún apartado onde non tes información de relevancia , omite ese punto. Comenzar agora a escribir o currículo A continuación tes un formulario sinxelo que che permitirá confeccionalo, puidendo imprimilo, gardalo, envíalo ó teu correo electrónico e mesmo xuntar unha foto. Tras completalo terás a opción de elexir entre tres modelos de CV distintos. Escolle o que máis che guste.
|